Lembrando Brest 2008

Hai oito anos Galicia foi un dos paises convidados de honra na edición do ano 2008 da Fête Maritime Internationale de Brest. Todo o relacionado co mar na representación de Galicia correu a cargo da Federación, foron moitos meses de traballo previo para que 25 barcos e 150 persoas finalmente estivesen presentes en Brest os sete días que dura o evento. Durante eses días os tripulantes fixeron quendas rigorosas para axudar nos stands ademais de sair ao mar cando tocaba. Foi un traballo colectivo.

Este posiblemente é o maior evento naútico do mundo por número de barcos, máis de 2000, e por número de asistentes, máis de 15000 tripulantes. Tanto neste como en calquera outro similar no que participe, por pequeno que sexa, o traballo voluntario das persoas que forman os colectivos da Federación é o que fai posible que 22 anos despois do seu nacemento siga traballando e recollendo recoñecementos como o Premio da cultura Galega.

Unha das persoas que ten colaborado de forma desinteresada con nós moitas veces é Ramón Recarei. Ramón volve agasallarnos cunha mostra do seu bo facer detrás da cámara. Acaba de subir a Youtube un vídeo que resume a expedición galega a Brest, desde o momento do inicio da viaxe ata a parada nocturna na que participaron os barcos galegos. Moitas grazas Ramón.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *