Luís nos medios

O pasado día 11 foi o enterro de Luís Rei. Estes días publicáronse na prensa e na rede varias noticias e artigos sobre el e o traballo que fixo en campos tan distintos como a ecoloxía, a historia, a política, o patrimonio marítimo ou a cultura en xeral.

Estas son algunhas das publicacións que puidemos localizar, nelas hai moi fermosos textos. E queremos rematar copiando máis abaixo un poema de Emilio Ínsua, amigo persoal de Luís e membro da redacción de Ardentía, que foi lido polo mesmo Emilio no enterro de Luís.

Sempre na memoria

La muerte de Luís Rei deja a O Salnés sin uno de sus intelectuales más brillantes

Luis Rei Núñez, el legado de un luchador

Promesas de reconocimiento y banderas a media asta en el último adiós a Luis Rei en O Grove

Piden que se cumpla su “sueño” de exponer el legado de Cabanillas

Unha sentida homenaxe a Luís Rei

Cambados y O Grove lloran a Luis Rei

No pasamento dun home íntrego, de amor á terra e á cultura de nós

Luís Rei, un loitador que nos deixou

Sentido e multitudinario adeus a Luís Rei na fin do seu “camiño longo”

Benquerido Camarada

A homenaxe que non cesa

Na morte de Luís Rei

Memoria urxente da motora

Emotivo homenaxe a Luís Rei

Carta aberta na despedida

Estar aí

Na memoria do amigo leal

Na morte de Luís Rei

Coñecin a Luis

Luís Rei

Faleceu Luis Rei

Luis Rei, in memoriam

Adeus a Luís Rei un loitador da cultura e dos barcos

Até sempre Luís!

 
LUCES QUE FULGURAN

                Para Luís Rei, amigo, camarada, irmán
 
 

Agárdanos a todos o día
en que debamos converternos
en luces que fulguran na néboa,
soas,
coa única ilusión de orientar as travesías,
dende lonxe,
daqueles que han ser carne da nosa carne
pola historia fóra.

 
O tempo vainos convidando, andar de boi,
a nos perdermos polo ronsel de popa
– xa foron os días de aturar rexamente
bategadas, pantocadas, vendavais –
e as manobras van adoptando
un ar preludial de recalada ou desembarco.

 
Contra a dureza cruel, porén,
deste destino que asexa inexorábel,
querendo convertelo todo en cinza,
érguense maxestosos e puros
tesouros labrados no decorrer dos días:
ansias convictas de exemplaridade,
desafiantes proclamas contra a submisión,
risos e bicos frescos apañados
nas bocas cálidas que máis quixemos,
traballos, loitas, sacrificios
que despregamos, ilusos e teimudos,
sobre un lenzol de entregas
en horas sen taxa
para darmos iluminado un algo
os escuros subterráneos
en que se extravía por veces a vida
ou para desvelarmos,
intrépidos, rebeldes e únicos,
teselas ata entón opacas da nosa identidade.

 
E todo isto será o que quede,
concluso pero firme,
mentres camiñamos cara ao silencio repleto
sabéndonos rumor incensante
a borboriñar nos oídos do futuro,
candea ou farol perpetuo na néboa
en que han de se ver mergullados igualmente,
noite e vida adiante,
os argonautas que veñen
incesantes
atrás de nós.

 
 
 

(Imaxe: Muñíz, Faro de Vigo)

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *