Máis museos relacionados co mar

Onte asinouse un convenio entre Caixanova, a Deputación de Pontevedra e o concello de Baiona, que vai permitir iniciar o proxecto museístico para instalar na Casa Carvajal de Baiona a “Casa Museo da Navegación”.
Este centro vai organizarse en torno aos materiais excavados no Porto de Baiona e outros materiais relacionados co papel de Baiona na historia marítima.

Tamén están case rematados os traballos no futuro Museo do Mar de Laxe, unha vez solucionados os problemas que había coa constructora. Este Museo tamén vai albergar os materiais e miles de fotografías que a familia Vidal cedeu ao Concello de Laxe.

Etiquetas

Un comentario sobre “Máis museos relacionados co mar

  1. Non fagades caso. Sí, vaise facer, mellor dito reformar, despois de tres anos de andar a voltas co proxecto, PERO a relación ca nosa Cultura Marítima vai ser mínima, posto que das catro salas que vai ter, so unha delas irá adicada a Carabela Pinta. As outras tres, unha será pras culturas indíxenas precolombinas, outra pra persoeiros do século XV, e a outra pra cultra europea da época. Como vedes teñen unha relación tremenda ca nosa cultura!.

    En palabras do propio Concelleiro responsable da Concellería na que estará encadrada o museo: pras nosas embarcacións tradicionais, as nosas xentes do mar e o noso patrimonio marítimo, en todo caso no futuro noutro edificio!!!.

Comments are closed.