Máis sobre o estaleiro de Purro

Segue adiante o intento dos Galos de Bueu para salvar o estaleiro de Purro. Xa recibiron notificación para desaloxar o estaleiro antes do 18 de xaneiro, e están a facer xestións para que se teña en conta o alto valor patrimonial das instalacións.
Están a manter contactos coa Consellería de Cultura para ver se hai posibilidades de que abra un expediente para declarar Ben de Interese Cultural o estaleiro, para o que se presentou este pequeno informe.
Ademáis de negociar coas autoridades unha saida ao problema están a recabar o apoio dos veciños de Bueu e dos interesados no patrimonio marítimo mediante a recollida de firmas para respaldar o mantemento do estaleiro.

Etiquetas

2 cometarios sobre “Máis sobre o estaleiro de Purro

  1. Impecable a campaña da FGCMF a prol da carpintería de Purro. E impecable tamén a dos Galos, liderando a outras oito asociacións veciñais (¿quen dicía que en Bueu todo o mundo estaba pola desfeita da carpintería?) defendendo unha nova vida para o pendello; agora, tampouco o grupo de goberno do Concello ten motivos para continuar coa súa ambiguidade: é tempo de apostar polo noso patrimonio e darlle uns novos usos de utilidade pública. Por certo, emocionante a presenza entre elas do Progreso de Beluso, veterano colectivo que foi expropiado cando a guerra civil polo seu compromiso republicano, e no que na súa directiva figuraba o carpinteiro de ribeira da praia de Beluso, José de la Torre, vilmente asasinado polos franquistas.
    Volvendo a Purro, penso que sería de grande utilidade que colectivos como AGALCARI, o proxecto DORNA ou entidades como o Museo do Mar de Galicia, fixeran público na prensa a súa defensa da conservación do estaleiro.
    Fai falla un esforzo final para que poidamos dicir que, desta volta, gañamos esta batalla.

    1. Pois si, Dionisio ten moita razón… Un apoio público por parte desas entidades para poder manter vivo un tesouro do noso patrimonio, e a ver de dende o Concello o valorar e valorizan!
      E mil gracias á FGCMF polo seu esforzo!!!

Comments are closed.