Mar de San Ciprián vai construir un traiñón


A asociación Mar de San Ciprián vai construir unha réplica dun traiñón, cunha eslora de 10 metros. O carpinteiro que se encarga do proxecto é Francisco Fra, e está previsto que a construción se inicie en poucos meses, dado o apoio financeiro da Deputación de Lugo.
Esta é unha excelente noticia, porque está tipoloxía estaba desaparecida, e porque axudará a promover a recuperación doutras tipoloxías propias da costa norte.
(Vía Crónica3.com)

Etiquetas

3 cometarios sobre “Mar de San Ciprián vai construir un traiñón

  1. Quédome coa parte final a de promover as tipoloxías propias da costa norte.

    É que alí tamén teñen o seu mundo non suficientemente valorado polos que somos ” sudistas”.

    Vai resultar ó revés daquel slogan que nos lembraba aos que vivimos noutro mundo : o norte tamén existe…! Cousas veredes amigo Sancho!

  2. Era melhor que o construísse a associaçom do mar de Sam Cibrao em vez da de “San Ciprián”, que deve ser gente vinda de fora

    1. É que en Cervo estanche máis preto de Asturies ca de Portughal… Coma o resto dos galegos, vamos!

Comments are closed.