Marcados para sobrevivir. Documental

O vindeiro venres 12 de decembro ás 18:30 h na sede da Federación Provincial de Confrarías en Arcade e o xoves 18 de decembro ás 18:00 h, no Museo da Fábrica de Salga do Grove, en Punta Moreiras, vaise presentar o documental Marcados para sobrevivir, segunda entrega da serie «O Mar da Fin do Mundo» de José Irisarri.

Este acto, que ten como obxectivo achegar ao público a importancia do coñecemento científico para a correcta xestión dos recursos pesqueiros, está promovido polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, La Caixa, a Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra e o Grupo de Acción Costeira Ría de Arousa.

A longametraxe presenta impactantes imaxes submarinas das rías galegas para divulgar o labor “serio e metódico” dos científicos que investigan para establecer unhas normas de explotación racionais. Mostra os avances realizados nos últimos anos no estudio dos lábridos, raias mariñas e centolas na costa galega, así como de tiburóns peláxicos no Océano Atlántico mediante a marcaxe e seguimento de exemplares destas especies.

A proxección será o punto de partida para crear un espazo de comunicación directa entre investigadores, xestores, pescadores e todo o público asistente, a través dun coloquio co equipo responsable deste documental, Jose Irisarri (Producción e imaxe submarina) e Manuel E. Garci (Imaxe submarina)

A entrada é gratuíta pero o aforo é limitado, polo que os interesados en asistir deberán confirmar a reserva de praza co CETMAR (aval@cetmar.org ou chamando ao teléfono 986 247 047-Ext 309).

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *