Marcando o peixe

O pasado sábado houbo na última das Xornadas de Posta en Valor do Patrimonio Cultural Marítimo no Golfo Ártabro unha interesante mesa redonda, onde o protagonismo foi para os mariñeiros e redeiras, primeiro os xubilados, e logo os profesionais en activo. O patrón maior de Mera explicou con moito detalle cal é a situación neste momento dos mariñeiros profesionais, os problemas que están acabando coa pesca artesanal.
Moitas veces temos oido que os mariñeiros so pensan en cobrar subvencións, en vivir das axudas. Este sábado non se oiron esas peticións, o que piden os mariñeiros de Mera é poder pescar, que as autoridades teñan os coñecementos de primeira man sobre como “funciona” o mar, e que se faga o posible para diferenciar o peixe fresco, da flota artesanal, do peixe importado. Básicamente estase pagando o mesmo por unha merluza acabada de pescar que unha traida desde Namibia, ou máis lonxe.

Plantexánronse por parte do Xerente do GAC organizador as dificultades para que os fondos europeos poidan usarse para crear unha marca de calidade que distingua o peixe, sobre todo baseadas en cuestions relativas a xestión das Indicacións xeográficas protexidas na UE.

Pescadores do rio Miño estan promovendo un sistema de marcado da lamprea para enfrentarse precisamente ao mesmo problema que os mariñeiros da flota artesanal. A marca Rio Miño intenta evitar que a entrada masiva de lamprea francesa baixe os prezos. O sistema consiste nun troquel para marcar as lampreas nas aletas, e unha etiqueta cos datos de cada exemplar que permite saber ao consumidor cando, onde e que barco pescou a lamprea.

Evidentemente non se pode marcar cada xurelo ou cada xouba como se marcan as lampreas, pero o camiño estase empezando a andar.

Imaxe: La Voz de Galicia

A noticia na prensa
La voz de Galicia
Faro de Vigo
Colineta. (video)

Etiquetas