Mareiros. Blog


A Sección de Navegación Tradicional do CNR de Sada acaba de abrir o seu blog, Mareiros. E empezan as súas actividades cun curso cos obxectivos de divulgar a vela tradicional, e formar un equipo para participar no IX Encontro e noutras actividades relacionadas coa vela tradicional.
Polo momento a flota da sección está composta polo Arredemo, que se pudo ver nos actos de GalizaenBrest, na Coruña, e que participou en Brest08.
Na foto de arriba podedes ver unha pequena exposición sobre as actividades xa realizadas, e o instrumento que se ve á dereita é un simulador sobre unha carta da ría para ensinar as manobras con vela latina en diferentes rumbos.
Parabens á Sección de Vela Tradicional, por esta iniciativa e polo blog que acaban de abrir.
Desexámoslles bo vento e longa vida.

Etiquetas