María Antonia, unha muller que lle deu nome a todo un mar


Dentro da ruta «Da Gaiteira a Monte-Alto. A viaxe ao Gran Sol, sen saír da Coruña», Xurxo Souto recala este xoves ás 20:00 h na libraría Couceiro na Coruña (Praza do Libro, 12) cos seus «Contos do Mar de Irlanda». Nesta cita para dar a coñecer entre os terrícolas a talasonimia das augas que rodean á Coruña, «o Mar de María Antonia», e honrar a memoria desta muller do barrio de Santa Lucía que lles deu nome. Haberá palabra, toque de cornas e acordeón.

«Dende o alto da Torre de Hércules -mar e horizonte- terrícolas e terrícolos enchemos o ollo cunha visión extraordinaria. Do cabo Prior, ou Prioiro, até as illas Sisargas. Exceso de océano ao que agora moitas veces lle din Artabria, e que os vellos patróns chaman Mar de María Antonia.»

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *