Mariñeiros vs. bandeiras azuis


Se hai pouco falabamos dos problemas dos veciños de La Atunara, na Linea, agora toca dar unha boa nova, que indica que algo se está a mover nas administracións.
O Concello de Sant Pol de Mar, en Cataluña, acaba de renunciar a ter bandeira azul nunha das súas praias porque a entidade que otorga as bandeiras puxo como requisito a eliminación de varadas de barcas.
O Concello no seu comunicado di que “pretenden sacar de nuestras playas los elementos tan característicos de la vida de pueblo y del patrimonio local como las barcas de pesca o el entoldado de la fiesta mayor, uno de los requisitos que nos sugieren para otorgarnos la bandera azul”.
Esperemos que cunda o exemplo e a xente vaia entendendo que barcos e comunidades mariñeiras son o mesmo e non se entenden un sen o outro, e que os barcos sen as instalacións e modos de uso que lle son propios tampouco se poden entender.

Foto: Joan Sol
(Vía El mar es el camí)

Etiquetas

Un comentario sobre “Mariñeiros vs. bandeiras azuis

  1. Ole polos collóns do Concello de Sant Pol de Mar!!! Por poñer un exemplo, en Sanxenxo, se o que otorga as bandeiras azuis lle piden á señora alcaldesa que ten que deportar a tódolos veciños nativos, deportaos, ja! Como diría ela, “é o que nos da de comer”.
    Canto hai que aprender…

Comments are closed.