Mariñeiros vs. bañistas.




A noticia de Cuatro recolle o que está a pasar no barrio da Atunara, na Linea de la Concepción, onde o Axuntamento de La Linea contempla no seu plan de playas 2010 a retirada das barcas da praia da Atunara, porque supoñen unha ameaza para os bañistas.
Os argumentos quedan moi claros no video, tanto os do concelleiro como os do promotor da campaña de defensa da zona de varada. As administracións seguen sen ver a necesidade de preservar as zonas de varada en praias como algo consustancial ás comunidades mariñeiras.

En Galicia ainda non se dou un conflicto como este, pero é posible que non tarde moito en aparecer. De feito nalgunhas praias xa empeza haber problemas porque moitos bañistas non respetan os barcos varados, nen sequera os fondeados, ainda que moitas veces é por descoñecemento, non por mala fe.

Etiquetas