Maritiem Digitaal

Maritiem Digitaal é unha base de datos que incorpora os rexistros dos catálogos dos principais museos marítimos do Benelux. Neste momento recolle datos de máis de 835.000 obxectos.

A base pode consultarse en holandés, francés, alemán e inglés, pero as descricións de cada recurso están no idioma orixinal. Moitos dos rexistros teñen unha foto a boa resolución do obxecto.

Na base hai unha grande cantidade e variedade de materiais interesantes, por exemplo unha foto da barcaza Galicia, construída en 1929.

Maritiem Digitaal é un interesante exemplo de cooperación entre museos, que facilita enormemente a búsca de información e que promove o coñecemento dos fondos de cada museo participante.