Marxinal. Exposición

No sexto cabodano do Prestige, mañá 13 de novembro ás 20:00 h, o Museo do Mar inaugura a exposición Marxinal, que permanecerá aberta ata o 11 de xaneiro próximo.
Esta é a sipnose:
As propostas artísticas contemporáneas reflicten con intensidade os usos e abusos que o home está a facer nas costas. Puntos de reflexión e aviso sobre o consumismo, do éxito rápido, da visión a curto prazo, arrogante, desprezando o coñecemento adquirido en favor dun capitalismo cognitivo sen fronteiras que propón solucións globais e estandarizadas para aumentar o beneficio sen contar cos factores sociais ou medioambientais.

Non obstante, hai interaccións home-mar onde existe harmonía, unha simbiose que propicia paisaxes habitadas totalmente integradas, afastadas de intervencións agresivas. Un rico patrimonio tanxíbel e intanxíbel, apenas explorado e cunha pobre representación nas propostas artísticas contemporáneas.

O Museo do Mar de Galicia trae a escena a obra de catro artistas galegos que teñen como leit-motiv o patrimonio marítimo. Galicia, co seus 1000 km de costa, posúe espazos únicos que propician reflexións inéditas: o rostro a salvagardar do saber facer tradicional visto polos artistas contemporáneos.

Etiquetas