Mês da Cultura Avieira. Santarém

Do 4 de outubro ao 2 de novembro vai ter lugar no W Shopping de Santarém o Mês da Cultura Avieira. O evento está organizado polo W, AIDIA e a Associação para a Promoção da Cultura Avieira APCA.

A cultura avieira é a que formaron os pescadores dalgunhas zonas da costa portuguesa (Murtosa, Ovar, Aveiro, Ílhavo, Vieira de Leiria) que no inverno deixaban as súas praias para ir ao Tejo e o Sado pescar savel (Zamborca). Nos meses que pasaban nos rios facían a súa vida nas ribeiras, chegando a facer aldeas de casas de madeira palafíticas, sobre esteos para que as enchentes do rio non llas levasen.

Esta migración temporal desapareceu nos anos corenta do século XX. Hai uns anos que varias entidades públicas e privadas están a intentar recuperar os elementos característicos desta cultura e promoven que sexa considerada patrimonio nacional de Portugal.

No programa do Mês da Cultura Avieira constan exposicións temáticas, mostras de fotografía e pintura, 5 ranchos folclóricos, presentacións de 9 (nove) libros sobre a cultura avieira, degustacións de especialidades gastronómicas rexionais, stands de empresas turísticas e de entidades educativas, “conversas com” diversas entidades, exhibición de filmes temáticos e outras iniciativas.

Na páxina dos Avieiros do Tejo pódese ver información e imaxes sobre este interesante mundo da cultura avieira. Tamén a páxina adicada á cultura avieira polo Instituto Politécnico de Santarém hai abundante información sobre o movemento a prol da defensa desta cultura.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.