Miquel Caldentey. Pailebote en recuperación


O Miquel Caldentey, foi botado en Palma de Mallorca en 1916, e logo dunha extensa historia, a pesar de ser recoñecido como Monumento Histórico polo goberno francés, acabou os seus días afundido nunha xunqueira en Francia. Pero a principios de 2007 foi adquirido polo Concello de Port Vendres por un euro, e logo da creación do Syndicat Mixte du Pailebot Miquel Caldentey outras institucións incorporáronse á tarefa de restaurar o pailebote.
Esperamos que cando sexa o seu centenario, 2016, este fermoso barco poida voltar a navegar polo mar de Mallorca.
No seu web teredes mais información e fotos.