Miraxes na Beiramar. Cine

O Museo do Mar de Galicia organiza os venres e sábados deste verán unha serie de proxeccións de películas relacionadas co mar baixo o título Miraxes na Beiramar.
Son proxeccións gratuitas e no exterior, que se fan sobre a parede do museo e que poden verse desde a praia (compre levar toalla ou algo para sentar).
Hoxe ás 23:00 h proxectan De Profundis, e mañán sábado Treboada Branca.