Modelo de gamela coruxeira

No magnífico web modelismonaval.com que xestiona Joaquín Yarza, acaba de presentarse unha maqueta de gamela realizada por Gonzalo López, baseandose en planos de S. Mörling.

Ademais desta maqueta, hai fotos e planos de construcción dos botes polbeiros “Os galos” e “As Lagoas”, doutra gamela coruxeira, dunha gamela da Guarda, do Racú de Bouzas, e dun pequeno pesqueiro.

No mesmo web pódese participar nun foro sobre modelismo de embarcacións tradicionais.

(Foto de G. López, tomada de modelismonaval.com)