Moito mar. Exposición de Carlos Botana

O venres, 4 de maio de 2012, terá lugar na sede do CEIDA, no Castelo de Santa Cruz en Oleiros, a inauguración da exposición Moito Mar, do artista Carlos Botana. Participarán no evento o pintor Nando Lestón e o poeta François Devo. A mostra permanecerá na Sala de Exposicións do CEIDA ata o 30 de xuño, e o horario de visitas é de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 19 h., e sábados de 10 a 14 h.

En palabras do artista: “Imos ver moita auga salgada, moito vento mareiro, fondos mariños, peixes, luras, percebeiros furtivos e legais, pescadores, gusanos mariños, o lixo do fondo do mar, chapapote…”

Etiquetas