Moitos museos?

En Galicia están abertos, actualmente, 6 museos relacionados co mar: o Museo Massó, o Museo Provincial do Mar en San Cibrao, o Museo da Pesca en Fisterra, o Museo Seno de Corcubión, o Museo do Pobo Galego, e o Museo Naval de Ferrol. Ademáis habería que contar coa Caseta de Pepe do Cuco en Lira, e co Barco Bonitero Reina del Carmen en Burela.
O Museo do Mar de Galicia, en Vigo, está a punto de reabrir coa súa colección permanente, xa que ata agora so fixera exposicións temporais.

A este panorama van xuntarse unha serie de iniciativas que xa están en marcha, unhas moi pronto, outras tardarán algo máis: o Museo da Navegación en Baiona, o Museo do Mar da Costa da Morte en Laxe, o Museo do Mar en Rianxo, e finalmente Exponav en Ferrol.

Son moitos? Depende. Se non se fan a competencia e se logra unha mínima coordinación pode ser unha oportunidade para conseguir obxectivos ambiciosos. As sinerxias que se poden xenerar son enormes, e todos os participantes nunha hipotetica rede sairían moi beneficiados. Esperemos que as distintas administracións responsables deles saiban chegar a acordos, ademáis de dotalos cos recursos adecuados.

Etiquetas

Un comentario sobre “Moitos museos?

  1. O que creo que fai falta é deixar de ver ós museus como únicos en activar o patrimonio marítimo… Verdadeiro ? Non , falso. Pensar que son unicamente eles os que deben de cumplir esta función é non valorar en toda a súa importancia o traballo feito pola federación.
    O que non sobra é o patrimonio marítimo. Afirmar o contario sería como afirmar que existe demasiada natureza a protexer. O que sí e certo é que as veces as administracións ofuscadas pola verba museo lánzanse a crealos. E non. O que interesa é como activar o patrimonio. O museo é a solución histórica que se deu a este problema con distintos resultados e nivel de éxitos. Peo chegouse paradoxalmente a investir máis en estructuras museísticas ca no mesmo patrimonio. Un exemplo que me contaron recentemente foi o do museo de alfarería de Buño. Resulta que os típicos fornos están abandonados con silvas ! Iso xa é rizar o rizo.
    Parte diso está en que na política patrimonial séguese aínda unha concepción de espectador cando agora soplan outros ventos. Agora xa non chega con isto. Faise máis necesario ca nunca a implicación da cidadanía nun papel de participación activa. Imaxinade que como medida de apoio á lingua galega se deseñase un museo para que as futuras xeracións e algún que outro turista coñecese cómo era ese idioma. Naturalmente os grupos sociais máis implicado apoñerían que estamos poñendo o carro diante dos bois, A mellor maneira de coñecer e valorar o galego é … falalo. Nese caso estaría máis que xustificado pensar que con esta medida o que se está facendo e tratar o obxecto como unha peza de museo no peor sentido da palabra. Isto non é ir en contra desta función . Pero sí me parecepertinente poñer cales son as súas limitación . E que para certas activacións os museos teñen límites. E desde outro punto de vista non hai mellor museu de embarcacións de Galicia ca o das asociacións que compoñen a federación.Ó aire libre, no seu medio sen afastalas do seu contexto como o propio museo e otras accións patrimonializadoras se ven obligadas a facer.
    E por último despois de todo isto escrito gustaría de rematar como a noticia do mestre, con outra pregunta dilema : teñen as asociacións de embarcacións tradicionais suficientes medios ou pola contra hai demasiadas ?

Comments are closed.