Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués


Do 7 ao 11 de novembro vai ter lugar a Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués. Coa intención de visibilizar este patrimonio e concienciar a sociedade da necesidade de salvagardalo, o Proxecto RONSEL, en colaboración coa asociación “Ponte…nas Ondas!” e a Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza esta Mostra na cidade de Pontevedra.
O programa é moi amplo, variado e con presencia de exposicións, obradoiros de oficios tradicionais, conferencias, música tradicional e unha notable oferta audiovisual, polo que recomendamos unha lectura demorada.
Entre outras moitas entidades estarán presentes algúns membros da FGCMF como Amigos da Dorna Meca ou Mar de Lira.

Etiquetas