Mostra sobre Daniel Pazó Vila na Guarda

O vindeiro sábado 23 as 18:00 h, inaugúrase no Museo do Mar da Guarda, sito na “Atalaia” (o castelo circular que hai na parte N do porto da Guarda) a Mostra sobre Daniel Pazó Vila, o mariñeiro de Nigrán que inventou os “Casulos” das nasas.
A mostra organizada polo Clube Marítimo Marisma da Ramallosa e o Concello da Guarda permanecerá aberta ata o 5 de maio. o Museo acaba de reabrir logo dun mes pechado para traballos internos, e abre os fins de semana, festivos e pontes de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

Etiquetas