Movemento en Mera. Restauración dunhas bucetas

O Clube Náutico Punta Bufadoiro, de Mera, acaba de iniciar o proceso de recuperación de dúas bucetas do norte, a Amalia (arriba na foto) e a Lolita.
O Clube empeza o ano co proxecto de traballar na historia mariñeira de Mera, conseguir melloras nas instalacións para socios no porto de Mera, e asisitir ao X Encontro coas súas “novas” bucetas.
Desexámoslles bo vento e esperamos compartir navegación este verán en Carril.

Etiquetas

2 cometarios sobre “Movemento en Mera. Restauración dunhas bucetas

  1. Excelente noticia, sobre todo pra meu irmán Francisco que ten unha. Celebramos dende Nigrán que se recupere a existencia desta tipoloxía, posto que nunha pasada mostra no museo do mar cuestionouse a mesma existencia desta tipoloxía.

Comments are closed.