Museo do Mar de Rianxo


Está xa na rede o web do Museo do mar de Rianxo. O museo, que nace do proxecto Rianxo, o mar feito tradición, realmente é un conxunto de museos, algúns xa activos, como a Aula activa do mar, ou o Museo dos barcos e da pesca, e outros en proceso de creación como o dos exvotos mariñeiros, da casa do remo ou das embarcacións a flote.
Os Horarios do Museo son:
Martes a domingo 11-14h e 17-20h
Luns: fechado
Para grupos organizados é necesario contactar previamente co Museo.
O teléfono do Museo é 981860755.

Etiquetas