Música no Museo do Mar

Este domingo día 20 de maio, a partir das 20.30 horas, iníciase no Museo do Mar de Vigo o Ciclo “Outros Sons” do Festival “Espazos Sonoros” organizado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Para este primeiro concerto haberá un doble cartel cos grupos Vale Tudo (Lugo) e Barbez (EUA). A xoven formación galega é unha proposta musical próxima a improvisación instrumental, mentres, o grupo internacional Barbez sintetiza diversas músicas occidentais e ofrecerá un concerto-musical e poético adicado ao poeta xudeu rumano Paul Celan asasinado polos nazis.
Actualización: A este concerto seguiranlle outros no mesmo espazo dos que podedes ter máis información nesta nota de prensa

Etiquetas