Nace unha buceta en Abelleira


O vindeiro 4 de xullo vaise botar en Abelleira, na ría de Muros, a nova buceta que os veciños están a construir. Quen dirixe e realmente fai a construción do barco é Manuel Brea, mestre carpinteiro, pero se ledes a fermosa crónica do nacemento da buceta no blog Os mareáns de Abelleira, veredes que foron moitas as mans que traballaron e ainda traballan para que o día 4 sexa de lembranza para moitos anos.
Neste momento están rematando o banceado, e cando xa haxa programa oficial informaremos dos actos da botadura.
(vía Singradura de Relinga)

Etiquetas