No Grove. Regata do Marisco

O vindeiro día 12 de outubro vai ter lugar no Grove a Regata do Marisco, organizada por Amigos da Dorna Meca, en colaboración co Concello do Grove.
A saida será ás 16:00 horas e o percorrido será un triangulo entre a Illa da Toxa e o paseo marítimo de Confín.
Despois da entrega de premios, ás 20:00 h. terá lugar o concerto de Peter Punk e ás 22:00h. será o concerto do Orfeón Treixadura

Actualización: Gañou a Cariñosa da Arousa, seguida da Fuxe e a Chunga do Grove. En TodoGrove.com hai fotografías da regata e da entrega de trofeos.

Etiquetas