Nova regulación da 7ª lista de embarcacións

O pasado día 19 de maio publicouse no BOE o REAL DECRETO 544/2007, de 27 de abril, por el que se regula el abanderamiento y matriculación de las embarcaciones de recreo en la Lista séptima del Registro de matrícula de buques.
Pódese conseguir máis información na web da Dirección Xeral da Mariña Mercante ou dirixíndose directamente á Capitanía máis próxima.

Etiquetas

Un comentario sobre “Nova regulación da 7ª lista de embarcacións

  1. Grazas pola información, porque boa falta lle fai a toda persoa que queira poñer en regra os papeis dunha embarcación.
    Este ano acabei de arreglar os papeis do EA bote de fibra de 4m de eslora que fora do finado do meu abó, e empezara un ano antes. Foi unha película entre a Capitanía de Muros e a de Noia, non sei, quedei coa sensación de que me pedían a min máis garantías para poder saír ao mar que ao armador do Prestige.
    Que todo que pediron llo pidan a un profesional do mar pois paréceme razonable, pero os que imos facer un uso recreativo dos barcos ben nos podían facilitar as cousas un pouco.
    Preguntei se lle podía poñer vela de relinga e dixeronme que non tiña nengún problema pero que legalmente para poder facelo tiña que presentar informe do Colexio de Enxeñeiros e afrontar unha factura de 900Euros o máis.
    Teño claro, declarome insumiso relingueiro ainda que sería útil que se favorecese a recuperación do uso da vela e non que se dificulte.
    Cando teña tempo para adicarlle ao bote hei de amañalo para poñerlle vela de relinga, non creo que me denuncien pero si pasara sería estupendo dar esa batalla.
    Eu estaría disposto.
    Vaia, un saúdo mariñeiro.

Comments are closed.