Nova vela para a Jatiña

Este sábado 26 ás 13:30 na rampa de Portonovo, os Amigos da Dorna de Portonovo van celebrar o acto simbólico de izar a nova vela da “Jatiña” en homenaxe a Jacinto (Efectos Navais Todopesca), quen por segunda ocasión se ofreceu para sufragar o custe da mesma. A idea é agradecer públicamente a este socio protector a súa xenerosidade, e despois da ceremonia poderase disfrutar dun viño e duns pinchos.

Con esta nova vela a Jatiña seguirá a navegar como o fixo ata agora (por exemplo quen estivese o primeiro día en Carril puido ver a fermosa manobra de entrada no porto co norte soplando ben), e este verán volverá á Bretaña, representando ao patrimonio marítimo galego en Brest 2012 como xa o fixera hai catro anos.

Etiquetas