Nova Xunta Directiva da FGCMF

O pasado sabado remataba a súa andaina a directiva existente procedéndose ó nomeamento da nova que como é habitual foi elexida polo método do consenso por non terse presentado candidaturas alternativas.

A nova xunta directiva estará formada por:

  • Francisco Fernandez Rei. Representando a G.E. Mascato. E que desenvolverá as súas funcións no eido das publicacións.
  • “Javucho” Javier Moraña. Representando a A.D. Portonovo. Tamén estará ó redor das publicacións toda vez que é o responsable do Apupo, co cal manterase o equipo.
  • Manuel Alonso “Bacallao”. Representando o C.M. de Ferrol. Ocuparase de manter as relacións da zona norte, collendo o relevo de Arturo Loureiro.
  • Joao Batista. De Barcos do Norte, Viana. Como ata de agora ocuparáse de Portugal e da área Fluvial coa colaboración de Barcas do Miño.
  • Uxio Allo. ACD. Dorna da Illa de Arousa. Como xa viña facendo desenvolverá a súa aportación na área de navegación e na sección deportiva das Dornas.
  • Fernando Piñeiro. Polo C.M. Salnés de Cambados. Xa estaba como representante da sección deportiva polo que continuará en navegación.

Segue constituida a sección de deporte que non varía igual que a do Apupo e Ardentía

A distribución da representación decidiranno no seo da propia Xunta Directiva e será comunicado a Asamblea para a súa ratificación.

Agradécese a continuidade de Arturo Loureiro que deixa o cargo de Tesoureiro e a propia X.D. pero que se seguirá ocupando da área dos seguros dos navegantes, e que deste xeito aportará a súa experiencia á nova.

Os novos membros manifestaron que, toda vez que non se producen cambios de gran calado, a sua liña seguirá sendo a mesma da FGCMF. nos últimos anos, así destacarase as actuacións nos seguintes eidos:

  • Manter a actual liña de publicacións, Ardentía e Apupo (os seus dous representantes estan na XD.)
  • Seguir co funcionamento da comisión de deporte (xa estaban Uxio e Fernando).
  • Procurar relacións coas institucións. Expoñendo as necesidades actuais da Federación en todalas areas: Lexislación, Portos, Infreestructuras. etc.
  • Estimular o presencia e o coñecemento da FGCMF. na Sociedade Galega
  • Continuidade na Confederación Iberica.

Os compoñentes da XD. animan o resto da FGCMF. a colaborar nas diferentes comisións ou de xeito puntual no funcionamento da mesma.

Etiquetas