Novas da pasada Asamblea da FGCMF


O sábado 9 de xaneiro tiveron lugar na sede de Cambados a Asamblea ordinaria e unha extraordinaria da FGCMF, cunha asistencia bastante numerosa de representantes dos Colectivos da Federación, a pesar dos problemas que para circular polas estradas estaba a orixinar o temporal de neve.

Na asamblea ordinaria aprobáronse as contas do pasado exercicio 2009 e os orzamentos para o 2010, informouse de proxectos en marcha (negociacións coa Consellería do Mar, proxecto Dorna, presencia na próxima reunión de EMH Working Group, etc.), abríuse o prazo de tres meses para presentar candidaturas para organizar o X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, e dóuselle entrada ao Grupo de Traballo polo Patrimonio Marítimo da Asociación de Veciños A Ostreira de Abelleira, que foi apadriñado por todos os colectivos da FGCMF da Ria de Muros e Noia. Coa incorporación deste novo Colectivo son xa 46 os integrantes da FGCMF.

Na asamblea extraordinaria procedeuse a efectuar a renovación da Xunta Directiva, ao cumprírense dous anos da pasada renovación. Os integrantes da nova Xunta Directiva son: Víctor Fernández González (Amigos do Museo do Mar), Braulio Puga Torrado (Mariñeiros de Bouzas), Xaquín Lores Torres (Mascato), Uxio Allo García (ACD Dorna), Guillermo Gefaell Chamocín (Asoc. Enxeñeiros Navais).
Ao remate distribuíuse entre os Colectivos presentes un video sobre o IX Encontro celebrado en Muros.
(Foto Lino Prieto)

Etiquetas

Un comentario sobre “Novas da pasada Asamblea da FGCMF

Comments are closed.