Novas da pasada Asamblea

Na pasada Asamblea, ademais de decidir a convocatoria do XI Encontro tamén se informou dos traballos de preparación da presenza en Brest 2012 dunha delegación galega que contará cunha exposición en terra, un obradoiro de redeiras, e catro barcos no mar.
A FGCMF conta agora cun novo membro, Agabace, que entrou apadriñada polos Amigos da Dorna Meca.
E por último, informouse de que se están preparando unhas xornadas sobre a protección do patrimonio a flote e sobre a presenza do patrimonio marítimo na política da UE no arco atlántico.