Novas de Pasaia 2018. Programa musical

Presentáronse os detalles da oferta musical que ofrecerá o Festival Marítimo de Pasaia que se celebrará entre os días 17 e 21 de maio e no que participarán máis de cen barcos tradicionais.

O xoves, 17, trala chegada do Hermione, actuará Kiko Veneno, o venres Anne Etchegoyen e o sábado 19, o grupo británico Morcheeba. Ademais a este cartel hai que engadir as actuacións de Maika Makovski con Brossa Quartet de Corda, Iñigo Serrulla, de Katapulta e os guipuzcoanos Rural Zombies. Trátase de chegar a públicos diferentes e amplos. Todos estes concertos serán gratuitos.

A esta oferta hai que sumar as actuacións de diferentes coros, os gaiteros de Pasaia e de Galicia, a comunidade autónoma invitada ao evento, bandas de txistularis, e Juan Mari Beltrán entre moitos outros.

Todas as actividades organizadas están conectadas co mar e o festival, ademais destes concertos e actuacións musicais ofrecerá un fermoso espectáculo de embarcacións, así como postos de gastronomía, artesanía, etc, nun ambiente colorido e musical.

 

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *