Novas incorporacións ao Museo Massó

O Clube Marítimo Marisma da Ramallosa acaba de doar unha gamela de 20 cuartas ao Museo Massó (arriba na foto durante o proceso de recuperación). Este tipo de gamela, usábase para pescar por fora de Cíes, fronte ás de 12 cuartas que se usaban normalmente por dentro de Cíes.

E tamén estes días o Museo Massó acaba de ampliar a súa colección co material procedente das escavacións arqueolóxicas realizadas en Pescadoira de Bueu, entre o que se inclúen numerosas pezas de gran valor datadas na época romana. Entre elas destaca o que se considera o único coitelo deste período atopado en Galicia que aínda conserva o mango de óso, que se empregaba na antiga salgadura.

Etiquetas