Novas salas sobre “Cultura Fluvial na Ribeira Sacra” no Ecomuseo de Arxeriz

O vindeiro día 17 de agosto ás 12:30 vanse inaugurar no Ecomuseo de Arxeriz (O Saviñao, Lugo) as novas salas adicadas á «Cultura Fluvial na Ribeira Sacra». As salas contan con 400 m onde se van mostrar o mundo das barcas e barqueiros, a pesca tradicional, e a memoria dos 32 lugares mergullados polas augas dos encoros de Belesar e Peares no Miño.

Na páxina da Fundación Xosé Soto de Fión pódese ter máis información sobre o Ecomuseo de Arxeriz, o seu entorno e os fondos que posue.

(Imaxe F. Soto de Fión)

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *