Novidades na Parrocheira

Desde a Sección de Vela Tradicional do Club do Mar de Ferrol avisannos duns pequenos cambios na Parrocheira.

Recoméndase ás persoas que vaian participar que estean por Curuxeiras arredor das 11:00 h para poder tomar nota dos participantes.

A primeira navegación será ás 12:00 h. A comida será a bordo dos barcos, abarloados uns a outros no entorno da pontona. Así empezou a Sección, navegando e comendo a bordo cada día de saída nun sitio distinto. A segunda navegación será ás 17:30 h e no remate poderase comer churrasco na carpa que vai haber no porto.

Este ano é a 21ª edición da Parrocheira, que naceu cando a Asociacion de veciños de Ferrol Vello tomou nota de cando saían xuntos os barcos da Sección e foi cando por primera vez os invitaron a participar nas festas do barrio.

A Sección de Vela Tradicional do Club do Mar de Ferrol convida a todas as persoas interesadas a achegarse a Ferrol cos seus barcos para compartir un día de navegación e festa.

Etiquetas