O 14 de Outubro está case rematado


Logo dun accidente no verán pasado e dado o estado xeral do barco os amigos de Rompetimóns valoraron a posibilidade de retirar o bote de Carril 14 de Outubro do mar.
Por sorte para todos a decisión final foi restaurar o barco, e agora xa case está rematado o traballo. Este verán volverá a navegar, esperemos que en compaña do galeón Illa de Cortegada que podedes ver detras do 14 de Outubro.

Etiquetas