O 17 de maio na Illa de Arousa

O vindeiro venres 17 de maio vai ter lugar na Illa a conmemoración do Día das Letras Galegas, e por tanto como outros anos a ACD Dorna comeza oficialmente a tempada de navegacións.

Ás 11:00 h no Cantiño vaise facer unha pequena homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, o autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, coa lectura por Carlos Blanco a bordo do Rei do Mar dun traballo de Vidal Bolaño publicado na revista Dorna. Actuará o grupo de Música e Baile da ACD Dorna. Haberá tamén a botadura de dúas dornas e para rematar a xornada farase unha navegación, coa que empezará oficialmente a tempada de navegación na Illa.

Etiquetas