O Adelino Manuel a vela

Nas concentracións da Volta ao mar participou o galeón Adelino Manuel, da asociación Calmoseira. Logo de máis de cinco anos de restauración por fin este ano puidemos velo navegando coas súas velas. Na foto de arriba vese con todos os rizos tomados por causa da nortada que había aquel día na Arousa. A restauración deste galeón construído en Outes en 1944 incluíu a restitución da súa popa que pasara a ser de espello cando foi reutilizado como bateeiro.

No sitio web de Calmoseira podedes ver un conxunto de fotos co proceso de restauración, e planos do proxecto do barco.

(Imaxe Xan Caneda)