O Apupo 14 xa en pdf

Xa está disponible o Apupo número 14 en pdf. Neste número de contido certamente variado, recóllese información das actividades dos membros da Federación, como a edición de publicacións (Amigos da Dorna de Portonovo), a renovación da súa presencia en Internet (ACD Dorna), ou a inaugaración de instalacións (pantalán de Mariñeiros de Bouzas).
Tamén se recolle información sobre a saida á Feria del Pescado de Bermeo, aparece unha nova sección: Moita costa, pouco mar… que pretende contribuir a espallar a presencia do mar no ámbito cultural galego. E finalmente sendos reportaxes sobre unha exposición de deseño gráfico no Museo Massó, e a presentación do novo libro Guía das Embarcacións Tradicionais Galegas.

Etiquetas