O Berbés hai máis de 100 anos

Esta imaxe forma parte dun album datado en 1891 que Hubert Vaffier doou á Biblioteca Nacional de Francia. Neste album hai algunhas fotografías máis do porto de Vigo e do da Coruña.
Na foto pode verse unha imaxe non moi común do Berbés, non se ven as traiñeiras que co cambio de século chegarían a ser un elemento caracterizador das imaxes que todos coñecemos do Berbés.

(Imaxe: Gallica, BNF )

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *