O Breogán na Fundación Seoane

Ata o día 18 de setembro, na Fundación Seoane, vai estar aberta a exposición “O lado da sombra. Sedición gráfica e iniciativas ignoradas, raras ou desacreditadas entre 1971 e 1989“.
Nesta exposición pódese ver o que queda dun barco, o Breogán, do que se van cumprir os 30 anos da súa botadura o ano 2007.
O Breogán formou parte dunha iniciativa de arqueoloxía náutica experimental que no ano 1975 intentou construir, e construíu, dúas embarcacións de coiro similares ás usadas nas costas de Galicia hai 4000 anos.
É unha gran oportunidade poder ver as velas de pano, de coiro, a poutada, e a espadela que gobernaba o barco.(fotos)
A máis destas pezas podese ver material gráfico sobre o barco, incluido unha pequena reportaxe filmada en Super8 por Maribel Longueira.
E moi perto da Fundación Seoane, no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, está o primeiro dos barcos construidos, o Borna.
A primeiros do vindeiro mes de outubro vaise presentar o catálogo da exposición, que aportará máis información sobre os materiais expostos.
E na mesma exposición recóllese outra iniciativa con nome de barco, o Xurelo, do que falaremos noutra ocasión.
Agradecemos ao comisario da exposición, Anxo Rabuñal, e o persoal da Fundación as facilidades dadas para recoller esta nova, e a súa amabilidade.

(Foto de Anxo Rabuñal)

Etiquetas