O Cabeso número 9 xa está na rúa


Os Amigos da Dorna de Portonovo acaban de publicar o número 9 do seu voceiro O Cabeso.
Neste número fan un repaso ao sucedido no pasado ano 2010, e aos proxectos que a asociación encara este ano, como manter as actividades que se veñen facendo todos os anos (Regata do Sepelo, Enterro da Sardiña, Festa da Raia, etc.), rematar o acondicionamento do novo local social, asegurar un futuro para o Platuxa e incorpar a nova dorna de tope “Boca Junior” á flota.

Etiquetas

2 cometarios sobre “O Cabeso número 9 xa está na rúa

Comments are closed.