“O Canalejas”, a vida dun barco e dun home

Manuel Gago Pérez, publicou hai uns meses un documento excepcional, as “memorias” de Carmelo Dominguez, “O Canalejas” (1898-1982). Canalejas é tamén o nome do seu barco, un galeón que facía ruta entre a Pobra do Caramiñal e Vilagarcía a principios do século XX.

As memorias do señor Carmelo o Canalejas é un documento excepcional porque nel está a vida da Pobra e a contorna entre 1920 e 1942, non só aparecen as viaxes do seu barco, co tipo de mercancía e cartos gañados, senón tamén todo o que de interesante sucedía na vila nese tempo, desde películas de cine a asesinatos, de eleccións e pucheirazos a visitas de vapores estranxeiros. É un fresco moi completo do que era a vida nunha pequena vila das rías.

A edición de Manuel Gago Pérez non só transcribe os escritos do señor Carmelo, senón que anota e enriquece estes usando outras fontes, creando un documento de 128 páxinas que se le dunha vez. Deste material estase preparando unha edición impresa.

A imaxe de arriba mostra o Canalejas pintado de branco (no centro) no porto de Vilagarcía.

(Vía Capítulo0)

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *