O Chasula oferta saídas no IX Encontro

[img_assist|nid=10971|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=77] O Chasula ofrece saídas ao mar durante o IX Encontro.
A duración da navegación será de unha hora e tres cuartos, e terán un prezo de 20 euros os adultos e 10 euros os nenos, e haberá oferta familiar de 50 euros para familias de ata 4 membros.

Xoves: Saidas de Muros a Monte Louro con visualización do muiño de maré, espazos de acuicultura, e salazoneras.
12-13:45
16:45-18:30
Venres: Saidas de Muros cara a Illa da Creba acompañando ás embarcacions do Encontro
16:45-18:30
18:45-20:30
Sábado:
10:00-11:45 Saida cara a Creba
12:30-14:15 Saida cara Monte Louro e a bocana da ría
16:30-18:15 Saida seguindo a navegación dos barcos do Encontro cara a S. Francisco.
18:30-20:15 idem.
Domingo: Saída pola ría de Muros acompañando aos barcos do Encontro
11:30-13:15

Aparte destas saidas fará unha saída especial para pesca o venres, de 9:00 a 14:30, cun prezo de 30 euros por persoa. Para saber máis deste tipo de saída podedes ver o blog de pesca do Chasula

Etiquetas