O Creoula cumpre anos

Hoxe hai 71 anos que o Creoula foi botado. Este lugre bacalloeiro foi un dos barcos da Flota branca e hoxe pertence á Mariña portuguesa, facendo labores de buque escola.
O Santa María Manuela, do que xa falamos anteriormente, é xemeo do Creoula, e neste momento segue a bo ritmo a súa recuperación en Aveiro.
Para saber máis do Creoula recomendamos visitar o blog Lugre Creoula de 1937 creado por Raquel Sabino e Luis Miguel Correia, de onde está tomada a foto de arriba, da autoría de Luis Filipe Jardim.

Etiquetas

Un comentario sobre “O Creoula cumpre anos

Comments are closed.