O Estaleiro da Banda do Rio terá protección

A carpintaría de ribeira de Purro na Banda do Rio, en Bueu, vai formar parte do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia. Esta noticia pola que se leva anos agardando chega no mellor momento, cando a ameaza de derrubamento estaba a piques de cumprirse.

A inclusión no Inventario vai posibilitar a súa recuperación para formar parte do Museo Massó, no que albergará os fondos do Museo relacionados coa construción naval e as embarcacións tradicionais.
Ainda queda moito camiño para ver un día o Estaleiro aberto ao público e cumplindo a nova misión que se lle vai asignar, pero a dificultade principal xa foi superada.

Parabéns a todos os veciños de Bueu por esta excelente noticia, a todos os colectivos e persoas que axudaron a chegar a este punto, á directora do Museo Massó que fixo un traballo excelente no plantexamento do uso museístico do Estaleiro, e sobre todo a Os Galos, que durante moitos anos abandeiraron esta iniciativa, traballando para que as instalacións non viñeran abaixo, dándolle un uso colectivo e amosando o valor intrínseco que teñén.

A noticia na prensa:
Patrimonio opta por conservar el astillero de Purro y lo anexionará al Museo Massó (Faro de Vigo)
Patrimonio protexe o último estaleiro de ribeira de Pontevedra (La Voz de Galicia)
Costas acata la protección del astillero de Purro pero pide una actuación urgente (Faro de Vigo)

Etiquetas

3 cometarios sobre “O Estaleiro da Banda do Rio terá protección

    1. Excelente noticia, ainda que agora virá o problema dos cartos (supoño). Miña máis sinceira noraboa a todos/todas que se movilizaron na sua defensa. O que se sementa comenza a agromar.
      ¡Agora so falta que en Ferrol sigan o seu exemplo e o dique da Graña o anexen ó museo naval de Ferrol!.

  1. Magnífica nova, que todos e todas agardabamos. Parabens a Os Galos, pola súa teimuda e axeitada resistencia; parabens á FGCMF pola súa solidariedade activa e porque reafirma a súa cualidade de referente social para as institucións.
    Agora, a vixiar que a Administración leve a cabo o decidido.
    Estamos de noraboa.

Comments are closed.