O estaleiro da Banda do Rio xa está oficialmente inventariado

O DOG do 18 de agosto publica a inclusión no inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia da carpintería de ribeira de Purro en Bueu. Despois de moitos anos de traballo para salvar este estaleiro único na ria de Pontevedra, agora xa conta con protección oficial, pero iso non significa que rematen aquí os traballos, é preciso que se faga o posible para recuperar as instalacións de xeito adecuado, e sobre todo que se lle dea un uso constante segundo o previsto para que todos poidamos desfrutalo e desa forma non volva cuestionarse a súa permanencia.
Este é o primeiro estaleiro protexido, e un dos poucos elementos do patrimonio marítimo que ten esa categoría. Esperemos que sirva de exemplo para que outros elementos de igual valor teñán a mesma protección.
Parabéns a todos os que colaboraron para conseguir esta protección, especialmente para Os Galos, que levan anos loitando contra vento e marea, e contra a incomprensión de moitos.

Noticia en xunta.es

Etiquetas