O Faiado da Memoria e o Arquivo da Memoria Social de Vilagarcía de Arousa



A Asociación O Faiado da Memoria e o Arquivo da Memoria Social de Vilagarcía de Arousa, estan a levar adiante un máis que interesante traballo de recuperación e sobre todo difusión de todo tipo de documentos e testemuños sobre o pasado de Vilagarcia, e tamén doutras poboación próximas.
Non se trata dun simple arquivo de material gráfico ou sonoro, senón que hai detras un traballo de contacto e colaboración coas persoas que poseen os documentos ou as lembranzas e por tanto poden aportar algo.
Este material é conservado para un uso público por parte de calquera interesado, e parte deste material é difundido por internet, dando lugar a que sexa enriquecido polos comentarios de persoas que teñen información sobre as noticias ou os documentos difundidos.
Como exemplo da calidade e interese dos materiais podedes ver o video de arriba con imaxes de varios tipos de embarcacións da Ría de Arousa a principios do século XX.
Recomendamos unha visita demorada e atenta, sobre todo aos comentarios que aparecen en moitos dos documentos ou artigos.
(Vía blog ACD Dorna)

Un comentario sobre “O Faiado da Memoria e o Arquivo da Memoria Social de Vilagarcía de Arousa

  1. Visitei esta páxina antes da publicación desta nova e pareceume unha iniciativa estupenda, tanto polo seu contido como pola incrible participación nela dos veciños e veciñas de Vilagarcía.

    A miña máis sincera noraboa… e a ver se toman exemplo noutros concellos.

Comments are closed.