O futuro de European Maritime Heritage. Opina

European Maritime Heritage (EMH) está nun proceso de reflexión sobre o seu futuro, polo que solicita opinións que permitan mellorar o seu traballo.
A FGCMF é membro de EMH e queremos facer pública esta versión en galego do documento de traballo do Comité Executivo de EMH onde ademais de incluir os antecedentes e a política actual, EMH convida a todos os seus membros e a todas as persoas interesadas a unirse e participar nun debate sobre o seu futuro, e os camiños que hai que seguir na defensa do patrimonio marítimo europeo a flote.

Etiquetas

Un comentario sobre “O futuro de European Maritime Heritage. Opina

  1. Si entrades na páxina principal de EMH atoparedes que na parte esquerda hai unha foto que EMH a mantén dende hai anos, a pesares de que o resto das fotos da portada varían. É unha foto de Mariano, o constructor de faluchos de Bouzas, bogando e levando a remolque media ducia de faluchos máis.
    Xunto coas fotos de grandes veleiros que aparecen na páxina de EMH, as fotos dos faluchos na portada e de forma permanente ven a decirnos que detrás de tódalas embarcacións, dende as máis grandes ata as máis humildes, teñen a súa historia, o seu valor patrimonial e merecen o seu recoñecemento.

Comments are closed.