O futuro era inmenso… Terranova anos 50. Exposición


 

Hoxe inaugurouse no Auditorio Municipal de Nigrán a exposición “O futuro era inmenso… Terranova anos 50” con 45 fotografías de José Rodríguez Vilas feitas en Terranova entre 1958 e 1960.
José Rodríguez era maquinista nos bous de Vigo que ian ao bacallau a Terranova e durante as campañas de pesca tirou as fotografías desta mostra. O tema principal desta exposición é o cotián, a vida diaria dos mariñeiros que ian ao bacallau. As fotos organizase en tres grandes apartados: os barcos, a faena e a vida a bordo, e as terras e xentes de Sant Pierre et Miquelon. Unha pequena parte das fotografias xa foran expostas no Museo do Mar de Galicia en 2008 no marco do proxecto A Memoria do Mar.
 

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *